SEMINARIO: DIFUSIÓN DA CREACIÓN DE EMPRESAS
12-06-2009
O Concello de Fisterra organiza un Seminario para a difusión de creación de empresas o vindeiro 23 de xuño, de 9 a 12 horas, no Salón de Sesións do Concello.A intención deste seminario é principalmente a de difundir de qué forma xorden as ideas empresariais de negocio, e de romper mitos sobre as persoas que crean as súas propias empresas, desde a idea inicial ata que se materializa nunha empresa.
O Seminario será imparitido por un técnico de BIC Galicia-IGAPE, e intervirá unha emprendedora local,que contará a súa experiencia empresarial.
As persoas interesadas en asistir poden anotarse na oficina do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra, ou chamando o Tel.981740001