SÁBADOS SAUDABLES
17-00-0009
A través do programa "Sábados Saudables", o Departamento de Cultura do Concello de Fisterra, pretende fomentar o coñecemento nos nen@s dos hábitos de vida saudables como son unha boa alimentación e nutrición, a hixiene infantil, primeros auxilios, etc.A duración do programa será de 4 meses, o cal se realizará un sábado o mes en horario de 11:00 a 13:00h na biblioteca municipal.
Poderán participar tódolos nen@s con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos, sempre e cando se anoten nas oficinas municipais antes do 30 de setembro (Departamento de Cultura) ou ben chamando o teléfono 981740001.
Os talleres que se realizarán son os seguintes:
-3 de outubro: Taller de alimentación e nutrición infantil.
-7 de novembro: A hixiene nos máis pequenos.
-12 de decembro: Obradoiro de Educación Vial.
-9 de xaneiro: Obradoiro de primeiros auxilios.