BOLSA DE TRABALLO TÉCNICOS/AS INFORMACIÓN TURÍSTICA
14-05-2025
Rematado o prazo e vistas as alegacións presentadas contra a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal (Técnicos/as de Información Turística), con destino á Oficina Municipal de Turismo, Albergue Municipal e Museo da Pesca-ano 2025, o Concello de Fisterra, aproba a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as.
Sinalase para o día 20/05/2025 ás 10:00h, as probas da fase de oposición integrada en dúas partes, e ás 13:00h a proba de manexo do idioma inglés, que se realizarán no salón de sesións da casa do concello.