Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2025

18-06-2025

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia vén de convocar prazas para participar no Programa Benestar en Balnearios durante o ano 2025.

Requisitos:

  • Ter 60 anos ou máis, ou ter 55 anos ou máis e posuír a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Poder valerse por sí mesmo/a e non ter enfermidade infecto-contaxiosa, nin problemas de comportamento
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Precisar dos tratamentos e non ter contraindicación médica para recibilos.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 16 de xullo de 2025

Información e formalización de solicitudes: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS607A) ou no departamento de servizos sociais do Concello de Fisterra (de 9:00 a 13:00h) 

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: