Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BOLSA DE TRABALLO ANIMADOR/A DEPORTIVO/A 2025

03-11-2025

Unha vez rematado o prazo para a presentación de instancias, establecido na convocatoria efectuada para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal (animador/a deportivo/a), para o departamento de Deportes do Concello de Fisterra (ano 2025), aprobouse a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.

Os/as aspirantes disporán dun prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación que foi o 03/11/2025, para subsanación de posibles defectos que poidan observarse, de conformidade co disposto na base 6ª da convocatoria.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: