Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BOLSA DE TRABALLO PEÓNS/PEOAS

18-11-2025

Publicadas as bases para a constitución dunha nova bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal (peóns/peoas) para o grupo de servizos múltiples do Concello de Fisterra 2025.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: A instancia de solicitude, conforme ao modelo que figura no anexo I, na que se solicita participar nas probas selectivas, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Fisterra e deberán presentarse no Rexistro municipal no horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou na sede electrónica do Concello de Fisterra, en calquera día e hora, dentro do prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir de hoxe (18/11/2025). Ademais, poderán cursarse polos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do PACAP.

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: