Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES ENTROIDO FISTERRA 2026

14-01-2026

O Concello de Fisterra abre o prazo para inscribirse en:

-Concurso de comparsas do Entroido de Fisterra 2026 que se vai celebrar o martes, 17 de febreiro ás 18:00h no pavillón municipal:

A contía dos premios será:

-PRIMEIRO PREMIO: 1.700€+trofeo

-SEGUNDO PREMIO: 1.400€+trofeo

-TERCEIRO PREMIO: 1.200€+trofeo

O resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 350€

O prazo de inscrición das comparsas participantes, cun mínimo de 15 persoas, estará aberto dende as 9:00h do 14 de xaneiro ata as 14:00h do luns, 2 de febreiro.

Inscrición: no rexistro xeral das oficinas municipais do Concello de Fisterra e os participantes entregarán debidamente cuberto o modelo de solicitude de participación.

NON É OBRIGATORIO PARTICIPAR NO DESFILE DO SÁBADO, 14 DE FEBREIRO, ainda que as comparsas que o fagan poderán optar a un premio en metálico. 

-Desfile de disfraces de grupos e comparsas que se celebrará o sábado, 14 de febreiro, ás 18:00h polas rúas de Fisterra.

-CATEGORÍA GRUPOS:(De 3 a 14 persoas)

  • 1º PREMIO.-150€
  • 2º PREMIO.-100€ 

-CATEGORÍA COMPARSAS (15 ou máis persoas)

  • 1º PREMIO.-200€
  • 2º PREMIO.-150€

Inscrición: no correo culturafisterra@hotmail.con ou na Concellería de Cultura de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 h, antes do 12 de febreiro aportando a seguinte documentación:

  • Nome e apelidos da persoa representante, número DNI, nome da persoa á que
    representa e un teléfono de contacto.

Tamén poden anotarse o mesmo día, ás 18:00h no lugar de saída.

-Concurso infantil e de adultos de disfraces que se vai celebrar o domingo, 15 de febreiro, ás 17:00h na praza da Constitución de Fisterra:

-CATEGORÍA INDIVIDUAL:(1 persoa)

  • 1º PREMIO.-40€ máis trofeo
  • 2º PREMIO.-30€ máis trofeo
  • 3º PREMIO.-20€ máis trofeo

-CATEGORÍA PARELLAS (2 persoas)

  • 1º PREMIO.-80€ máis trofeo
  • 2º PREMIO.-60€ máis trofeo
  • 3º PREMIO.-40€ máis trofeo

-CATEGORÍA GRUPOS (3-15 persoas)

  • 1º PREMIO.-130€ máis trofeo
  • 2º PREMIO.-100€ máis trofeo
  • 3º PREMIO.-70€ máis trofeo

Inscrición: no correo culturafisterra@hotmail.con ou na Concellería de Cultura de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 h, antes do 12 de febreiro aportando a seguinte documentación:

  • Nome e apelidos da persoa representante, número DNI, nome da persoa á que
    representa e un teléfono de contacto.

Tamén poden anotarse, o mesmo día do concurso, na propia praza de 16:00 a 16:45 horas.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: