Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


DESFILE DE ENTROIDO. GRUPOS E COMPARSAS

27-01-2026

DESFILE DE ENTROIDO. GRUPOS E COMPARSA
 
Tanto se sodes un GRUPO de amigos, unha familia... (de 3 a 14 persoas) ou unha COMPARSA (15 ou máis persoas), non perdades a oportunidade de encher as rúas de Fisterra de cor, música e diversión no Desfile de Entroido o sábado 14 de febreiro. 
 
PREMIOS: 
 
Grupos (3–14 persoas)
  • 1º premio.- 150€ 
  • 2º premio.-100€
 
Comparsas (15 ou máis persoas)
  • 1º premio.- 200€ 
  • 2º premio.-150€
 
PROGRAMA:
 
  • 12:00h.- Pasarrúas con Charanga A Tripulasión de Fisterra e O Rumbo de Sardiñeiro.
  • 17:30 h.-Actuación de Rapacollón’s Big Band. Concentración do desfile – Casas Baratas
  • 18:00h.-Saída do desfile ata a Praza da Constitución, acompañado pola Charanga Mecánica BCB.
  • 19:00 h.-Pregón do Entroido de Fisterra 2026. Animación polas rúas cos Rapacollón’s Big Band.
  • 23:30h.- Noite de Entroido con Discoteca móbil CDC a cargo da SD Fisterra. Porto de Fisterra. O Concello habilitará unha carpa.
 
INSCRICIÓNS:No correo culturafisterra@hotmail.com. Concellaría de Cultura (ata o 12 de febreiro). Tamén o propio día do desfile, ás 17:45h, no lugar de saída.
 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: