Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ENTROIDO FISTERRA 2026

08-02-2026

As actividades previstas para celebrar o Entroido de Fisterra 2026, o Entroido máis tradicional da Costa da Morte, son:

-VENRES, 13 DE FEBREIRO

  • 10:30h.-Desfile de entroido do C.E.I.P. Mar de Fóra, da Escola Infantil A Galiña Azul e do C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro
  • 15:30h.-Desfile de entroido do Colexio Nuestra Sra. del Carmen de Fisterra

-SÁBADO, 14 DE FEBREIRO

  • 12:00h.-Pasarrúas a cargo da "CHARANGA A TRIPULASIÓN" e "O RUMBO DE SARDIÑEIRO"
  • 17:30h.-Actuación dos "Rapacollóns Big Band" na concentración do DESFILE DE DISFRACES DE GRUPOS E COMPARSAS nas casas baratas
  • 18:00h.-Saída do desfile rematando na praza da Constitución, acompañado da "CHARANGA MECÁNICA BCB"
  • 19:00h.-Pregón do Entroido de Fisterra 2026 na praza da Constitución
  • 23:30h.-Noite de entroido coa Discoteca CDC no porto de Fisterra a cargo da SD Fisterra (haberá carpa)

DOMINGO, 15 DE FEBREIRO

  • 17:00h.-CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL E ADULTOS, na praza da Constitución (no caso de mal tempo, será no Mercado Cultural. Animación musical e presentación a cargo do KOREMI EVENTOS. 
  • 20:00h.-Baile social de entroido con "CHEMA ÉLITE" no Mercado Municipal.

LUNS, 16 DE FEBREIRO. Na Biblioteca Municipal

  • 17:00h.-Obradoiro de entroido para nenos/as de 4 a 7 anos
  • 18:30h.-Obradoiro de entroido para nenos/as de 8 a 12 anos

Inscricións: en info@concellofisterra.com 

 MARTES, 17 DE FEBREIRO

  • 18:00h.-TRADICIONAL CONCURSO DE COMPARSAS. No porto pavillón polideportivo de Fisterra presentado por Mariola Martínez e Santi Caneta.
Anímate e participa no Entroido máis tradicional da Costa da Morte

Descargas

Compartir:

Novas por anos: