PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2026
29-05-2026
A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia convoca prazas para participar no Programa Benestar en Balnearios durante o ano 2026
Requisitos:
- Persoas maiores de 60 anos residentes en Galicia, así como a persoas pensionistas maiores de 55 anos.
- As persoas participantes deberán valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 26 de xuño de 2026
Información e formalización de solicitudes: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS607A) ou no departamento de servizos sociais do Concello de Fisterra (de 9:00 a 13:00h)