CONVENIO PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS
21-09-2026
O 2 de maio de 2025 asinouse o Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Fisterra, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
O 29/06/2026 asinouse a segunda addenda ao convenio entre a Consellería do Medio Rural e Concello de Fisterra incrementándose a superficie de tratamentos preventivos mecanizados para o ano 2026, pasando das 4 hectáreas contempladas no convenio de 2025 a 19,86 hectáreas.
Orzamento 2025:
- Prazo de execución: 2025-2026
- Orzamento 2.800,00€
- Axuda pública 2.240,00€
- Cofinanciamento UE 80%
Orzamento 2026:
- Prazo de execución: 2025-2026
- Orzamento 8.351,00€
- Axuda pública 6.680,80€
- Cofinanciamento UE 80%
As axudas solicitadas foron destinadas para o cofinanciamento de actuacións na realización de tratamentos preventivos mecanizados, consistentes na roza mecanizada das vías e camiños forestais e das faixas laterais destes polas distintas parroquias do Concello.