MERCADO DE OUTONO DE ROUPA DE SEGUNDA MAN
07-10-2026
O Concello de Fisterra organiza o Mercado de Outono de Roupa de Segunda Man co obxectivo de fomentar a reutilización, o consumo responsable, a economía circular e a participación veciñal. O mercado estará destinado principalmente á venda de roupa, calzado e complementos de segunda man en bo estado.
Participantes: destinado a persoas maiores de idade empadroadas no Concello de Fisterra
Horario e funcionamento: O mercado terá lugar o sábado, 21 de novembro de 2026, de 11:00 a 21:00 horas, no Pavillón Municipal de Fisterra. As persoas participantes deberán estar no recinto con antelación suficiente para montar o seu posto e deberán mantelo operativo durante o horario establecido, salvo causa xustificada.
Inscricións: antes do 13 de novembro de 2026 a través do seguinte formulario:
https://forms.gle/JENiWp2y5ZU5Toyz9