Fisterrana

A FISTERRANA é unha Certificación oficial que se obtén no Albergue Municipal de Fisterra e na Oficina de Turismo, acreditando que se chegou ao "fin do mundo".
A acreditación do Camiño percorrido efectúase coa Credencial do Peregrino na que se van poñendo selos ou sinaturas das parroquias, albergues ou sitios representativos dos pobos por onde transcorre a peregrinación.
AVISO: para poder expedir a certificación a grupos de máis de 10 persoas é imprescindible contactar previamente coa Oficina de Turismo ou Albergue Municipal a través dos seguintes medios:
- Teléfono: 627 239 731
- E-mail: turismo@concellofisterra.gal
A ansiada chegada from FisterraTV on Vimeo.