Etapa III
OLVEIROA – FISTERRA - (33 Km)

Saése de Olveiroa por un camiño que sobe por una pista que se dirixe ao embalse de Castrelo, a maior parte deste tramo en ascenso. Pásase pola ponte de Valderripas de nova construción ata a aldea de Logoso e sen abandonar a pista de terra alcánzase Hospital.
Hospital queda atrás e pola estrada por onde entramos nesta aldea chegamos a unha bifurcación de camiños, á esquerda Fisterra. A fábrica de carburos metálicos obríganos a continuar pola estrada ata a súa mesma porta, fronte á cal comeza de novo o Camiño Real. Por sendeiros alcánzase primeiro o Cruceiro do Marco do Couto, máis tarde o Santuario das Neves e San Pedro Mártir. Continuando polas pistas alcánzase o Monte da Armada, enclave onde se divisa unha das mellores vistas do cabo Fisterra. O descenso é complicado ata chegar a Cee. A partir de aquí o camiño é un agradable paseo ao lado do mar.
Pasando Cee chegamos a vila de Corcubión. A 1 km despois de Corcubión en dirección Fisterra podemos atopar no Monte de San Pedro, aldea de Vilar, o Albergue de peregrinos de San Roque, xestionado pola Asociación Gallega de Amigos del Camino de Santiago (AGACS).
Abandonado este albergue continuamos pola estrada que nos dirixe ata Sardiñeiro, pasando pola Praia de Estorde, porta de entrada do Concello de Fisterra.
Fisterra alcánzase pola extensa e fermosa praia de Langosteira, lugar escollido para realizar o primeiro dos rituais, o baño. Recorrendo os seus dous quilómetros entramos xa no pobo pola Avenida da Coruña,e percorrendo a rúa Santa Catalina atopámonos de fronte co Albergue de peregrinos, lugar onde se entrega a Fisterrana a todos aqueles peregrinos que acrediten correctamente a ruta. Non se fará entrega deste documento nin se lles poderá acoller no Albergue de peregrinos a aqueles que non realizaran esta ruta a pé, en bici ou a cabalo; nunca en autobús, coche ou outro medio de locomoción.
O Albergue de peregrinos, sito na rúa Real nº2, dende aquí ao peregrino só o separan do Faro 3 qms, os cales discorren primeiro polo centro do pobo, subindo cara á Igrexa de Santa María das Areas e de alí ao Faro.
No faro realízanse o ritual que falta, ver a Posta de Sol, nunca bañarse nesta zona, debido á perigosidade do mar.
ALBERGUE DE FISTERRA
Edificio construído sobre unha propiedade municipal no centro do pobo, constitúe o primeiro albergue que entrou en funcionamento nesta ruta.
Albergue de titularidade da Xunta de Galicia, a súa capacidade é de 24 prazas e 1 delas para persoas con discapacidade. Aberto a partir das 13:00 horas e dispoñible todo o ano.
SERVIZOS DISPOÑIBLES:
- Cociña comedor e sala de estar
- Cuarto da limpeza
- Tendedeiros
- Auga quente e auga potable
- Calefacción
- Duchas e aseos
- Botiquín
- Frigorífico
- Oficina de Información.
DIRECCIÓN
Albergue de Peregrinos
Rúa Real, 2
15155 Fisterra
TELÉFONO
981 740 781
FAX
981 740 677
E-MAIL
alberguefisterra@hotmail.com
ENCARGADA DO ALBERGUE E INFORMACIÓN XUVENIL:
Begoña Valdomar Insua
HORARIO
Aberto todo o ano. Uso exclusivo de peregrinos debidamente acreditados.