Fisterra. O final do Camiño
Fisterra. O final do Camiño from FisterraTV on Vimeo.
A idea de peregrinación cara ás terras máis occidentais de Europa xa estaba presente nas crenzas dos pobos celtas, relacionadas coa viaxe que a diario realiza o sol.
A estreita relación de Fisterra co culto xacobeo foi a que estableceu que o Camino de Fisterra fose unha das primeiras rutas que pisaron os peregrinos. Tanto é así que xa no S.XI aparece citada a Cidade de Duio no Códex Calixtinus ( Libro III). Segundo testemuños antigos, en Fisterra existiu unha vella cidade pagá, Dugium (hoxe Duio), por onde pasaron os restos do Apóstolo coa fin de ser soterrados nos confíns do Occidente. Os discípulos solicitan permiso á raíña da rexión, de nome Lupa; que os remite ao gobernador de Dugium, que ordena que se lles prepare unha emboscada para matalos, descuberto o plan conseguen fuxir.
A antigüidade desta ruta compróbase en documentos de 1119 nos que se cita a preocupación de Rei Alfonso VII e o Abade de San Xulián de Moraime por dar hospedaxe aos peregrinos que se achegaban á zona. En 1355 o peregrino Jorge Grisaphan describe no seu diario a peregrinación a Fisterra. En 1465 León de Rosmithal, 1462 Sebaldo Rieter, en 1581, Erich Lassota, 1583 Julián Iñiguez de Medrano, todos eles narran as súas peregrinacións ao final da terra.
Grazas ao costume dos peregrinos de acudir ao Fin do Camino a cumprir os rituais de bañarse e ver a posta de sol, disponse dun amplo velatorio das viaxes dos camiñantes da Idade Media, que corroboran a antigüidade da ruta a Fisterra e o seu interese polas connotacións históricas e as súas lendas.
O de Camino a Fisterra, é o único dos Camiños que non ten a súa meta en Santiago, senón a súa orixe. Na actualidade, a prolongación do Camiño ata A Costa da Morte é un ritual que seguen moitos peregrinos, que desexan chegar ata o Finis Terrae para seguir gozando da ruta e coñecer algunhas das paraxes máis impresionantes da costa europea occidental.