Axencia de Desenvolvemento Local
Este servizo trata de implantar de forma eficaz as políticas activas de emprego da Consellaría de Traballo, relacionadas coa creación da actividade empresarial, e o desenvolvemento local.
O encargado da Agencia de Desenvolmentove Local é o Técnico Local de Emprego, que se encarga, entre outras, das seguintes funcións establecidas pola Consellaría de Traballo:
- Prospección de recursos de ocio ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.
- Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores, así coma institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial coma oportunidade de emprego.
- Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
- Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas.
- Calquera outra que axude á implantación das políticas activas de emprego na súa zona de influencia.