CAMPAÑA DA NEVE 2023
07-12-2022
O Concello de Fisterra participa na campaña de esquí 2023 organizada pola Deputación Provincial da Coruña, que se levará a cabo na estación de Valgrande-Pajares (Asturias) para fomentar a práctica do esquí entre os rapaces/zas de 11 a 15 anos, inclusive, cumpridos a 31 decembro de 2022
- Datas: Fisterra participa na 2ª quenda do programa, do 20 ao 23 de xaneiro
- Prazas: 5
- Prazo de preinscrición: Ata o venres 16 de decembro
- Cota de inscrición: 85 euros
- Lugar de preinscrición e información: Na oficina de deportes do Concello de Fisterra de 11:00 a 13:30h.
Terán prioridade os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de neve da Deputación.
No suposto de ter máis solicitudes que números de prazas, realizarase un sorteo público
Máis información: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2023