PROGRAMA TERMALISMO 2023
13-12-2022
O IMSERSO convoca prazas para participar no Programa de Termalismo para o ano 2023
Requisitos:
- Valerse por si mesmo/a
- Ser pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente ou por xubilación.
- Pensionistas de viuvez con 55 ou máis anos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor/a de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos.
- Ter 65 anos, asegurada/o do sistema da Seguridade Social.
Prazos para solicitar praza:
- Ata o 9 de xaneiro de 2023 para ir nos meses de febreiro a agosto.
- Ata o 15 de maio de 2023 para ir nos meses de setembro a decembro
Máis información:
Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra ou na web https://imserso.es/.../enveje.../programa-termalismo-imserso