BASES ENTROIDO FISTERRA 2023
16-01-2023
O Concello de Fisterra abre o prazo para inscribirse en:
-Concurso de comparsas que se vai celebrar o martes, 21 de febreiro no porto de Fisterra, ás 18:00h.
A contía dos premios será:
-PRIMEIRO PREMIO: 1.400€
-SEGUNDO PREMIO: 1.100€
-TERCEIRO PREMIO: 800€
O resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 300€
Inscrición: Nas oficinas do Concello de Fisterra de 08:30 a 14:30h antes do 8 de febreiro.
-Concurso infantil e de adultos de disfraces que se vai celebrar o domingo, 19 de febreiro, ás 17:00h na praza da Constitución de Fisterra (no caso de mal tempo será no porto de Fisterra):
-CATEGORÍA INDIVIDUAL:(1 persoa)
- 1º PREMIO.-40€ máis trofeo
- 2º PREMIO.-30€ máis trofeo
- 3º PREMIO.-20€ máis trofeo
-CATEGORÍA PARELLAS (2 persoas)
- 1º PREMIO.-80€ máis trofeo
- 2º PREMIO.-60€ máis trofeo
- 3º PREMIO.-40€ máis trofeo
-CATEGORÍA GRUPOS (3-15 persoas)
- 1º PREMIO.-130€ máis trofeo
- 2º PREMIO.-100€ máis trofeo
- 3º PREMIO.-70€ máis trofeo
Inscrición: no correo cullturafisterrra@hotmail.com ou na Concellería de Cultura, de luns a venres, en horario de mañán e antes do 16 de febreiro, ou o mesmo día de 16:30 a 17:00h, aportando a seguinte documentación:
- Nome e apelidos da persoa representante.
- Número de DNI
- Nome da persoa á que representa
- Teléfono de contacto