ENTROIDO FISTERRA 2023
05-02-2023
As actividades previstas para celebrar o Entroido de Fisterra 2023, o Entroido máis tradicional da Costa da Morte, organizadas pola Concellería de Cultura e algunhas asociacións de Fisterra e Sardiñeiro son as seguintes:
-SÁBADO, 11 DE FEBREIRO
- 14:00h.-Gran cocido de entroido, acompañado de animación musical, organizado pola Comisión de Festas de San Xoán de Sardiñeiro. No campo da festa de Sardiñeiro. Compra de tickets anticipados na Comisión
- 19:00h.-O entroido de Fisterra: pasado, presente e futuro (tertulia), no bar A Galería. Organiza A.C.D. Rapacollon´s Big Band
-VENRES, 17 DE FEBREIRO
- 10:30h.-Desfile de entroido do C.E.I.P. Mar de Fóra
- 10:30h.-Desfile de entroido do C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro
- 15:30h.-Desfile de entroido do Colexio Nuestra Sra. del Carmen de Fisterra
-SÁBADO, 18 DE FEBREIRO
- 18:00h.-Concentración das comparsas na Cruz de Baixar acompañadas dos "RAPACOLLÓN´S BIG BAND" e a "CHARANGA TNT" e posterior desfile pola vila de Fisterra.
- A continuación Pregón do Entroido 2023 a cargo da "ESCOLA DE TEATRO MUNICIPAL DE FISTERRA"
- Fin da festa coa "DISCOTECA MÓBIL SUPER FABRIK", na carpa do porto de Fisterra. Organiza a Asociación Penda de corvos de Fisterra.
DOMINGO, 19 DE FEBREIRO
- 17:00h.-CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL E ADULTOS, na praza da Constitución (no caso de mal tempo, será na carpa do porto de Fisterra). Animación musical, obradoiro de chapas, tatuaxes e un palomitero para os máis pequenos e as súas familias, a cargo da empresa de animación "DIVIR-TT". Todos os nenos/as terán a súa bolsiña con agasallos.
LUNS, 20 DE FEBREIRO
- 10:30h.-Desfile de entroido da Escola Infantil "A Galiña Azul"
- 17:00h.-Circo na rúa co espectáculo "CIRQUEIRAS" (Áereos, danza, música e humor). No porto de Fisterra
MARTES, 21 DE FEBREIRO
- 18:00h.-TRADICIONAL CONCURSO DE COMPARSAS. No porto de Fisterra (haberá carpa). Presentación a cargo de CAYETANO LLEDÓ e ao remate animación musical a cargo da "CHARANGA A TRIPULASIÓN".