Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


RISOTERAPIA PARA MULLERES: ESMENDRÉLLATE

10-02-2023

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra, organiza un obradoiro de Risoterapia para Mulleres. Esta actividade englóbase dentro doutras que se levarán a cabo para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller

A risa é utilizada como estratexia terapéutica grupal, aportando enormes beneficios nas distintas dimensións do ser humano: física, social, cognitiva e emocional, contribuíndo de maneira decisiva a mellorar a calidade de vida das persoas participantes.

Datas e horario: Os venres 24 de febreiro e o 3, 10, 17, 24 e 31 de marzo de 2023 en horario de 19:00 a 20:00h

Lugar: Salón de deportes do Concello de Fisterra

Inscricións: do 13 ao 17 de febreiro no departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra, tel.: 981 740 001

Programa financiado polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero

Descargas

Compartir:

Novas por anos: