ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ
28-03-2023
O Concello de Fisterra abre un prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes a candidatos de Xuíz de Paz, titular e suplente.
As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada do Concello ou mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Na Secretaría do Concello pode ser examinado o expediente e solicitar a información que se precise.