BASES CONTRATACIÓN PEÓNS
13-04-2023
Aprobación das bases de selección para a contratación de nove (9) peóns, persoal laboral temporal. Programa de contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia de A Coruña, PEL-CONCELLOS 2023 financiado pola Deputación Provincial.
REQUISITOS ESPECÍFICOS:
-Estar en situación de desemprego, circunstancia gue se acreditará coa presentación da tarxeta de demandante de emprego.
-As persoas aspirantes deberán estar incluídas nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:
- Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
- Maiores de 45 anos.
- Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo dun ano como demandantes de emprego.
- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola
administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. - Persoas en situación de drogodependencia.
- Persoas gue vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
- Persoas con fogar monoparental.
- Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
- Persoas vítimas de violenciade xénero.
- Persoas sen fogar
DURACIÓN: Os contratos realizaranse a xornada completa e terán unha duración de catro meses e medio.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fisterra de 9:00 a 14:00h, ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases nesta páxina web e no taboleiro electrónico https://sede.concellofisterra.gal/