Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONTRATACIÓN PEÓNS

13-04-2023

Aprobación das bases de selección para a contratación de nove (9) peóns, persoal laboral temporal. Programa de contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia de A Coruña, PEL-CONCELLOS 2023 financiado pola Deputación Provincial. 

REQUISITOS ESPECÍFICOS:

-Estar en situación de desemprego, circunstancia gue se acreditará coa presentación da tarxeta de demandante de emprego.

-As persoas aspirantes deberán estar incluídas nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

  • Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
  • Maiores de 45 anos.
  • Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo dun ano como demandantes de emprego.
  • Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola
    administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
  • Persoas en situación de drogodependencia. 
  • Persoas gue vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
  • Persoas con fogar monoparental.
  • Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
  • Persoas vítimas de violenciade xénero. 
  • Persoas sen fogar


DURACIÓN: Os contratos realizaranse a xornada completa e terán unha duración de catro meses e medio.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fisterra de 9:00 a 14:00h, ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases nesta páxina web e no taboleiro electrónico https://sede.concellofisterra.gal/

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: