APROL RURAL 2023
10-05-2023

Rematado o prazo establecido para a presentación das solicitudes de participación no proceso selectivo dun posto de peón forestal do grupo de servizos múltiples, dentro do programa APROL RURAL 2023, entre tódolos/as candidatos/as remitidos polo Servizo Público de Emprego, o Concello de Fisterra aproba a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.
Os/as aspirantes disporán dun prazo dun (1) día hábil, contados a partir do seguinte ao da súa publicación que foi o 10/05/2023, para a subsanación de posibles defectos que poidan observarse.