BASES BOLSA DE TRABALLO TÉCNICOS/AS INFORMACIÓN TURÍSTICA
30-05-2023

Aprobadas as bases que rexerán a bolsa de traballo para a contratación de Técnicos/as de Información Turística, con destino na oficina de turismo, albergue de peregrinos e museo da pesca-ano 2023
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: A instancia de solicitude conforme ao modelo que figura no anexo I, na que se solicita participar nas probas selectivas, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Fisterra, deberán presentarse no Rexistro municipal no horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na sede electrónica do Concello de Fisterra (https://sede.concellofisterra.gal/), en calquera día e hora dentro do prazo de presentación de solicitudes, que será de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases no BOP nº 101 do 30 de maio de 2023