BOLSA DE TRABALLO TÉCNICOS/AS INFORMACIÓN TURÍSTICA
14-06-2023

Rematado o prazo e vista a alegación presentada contra a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal (Técnicos/as de Información Turística), con destino á Oficina Municipal de Turismo, Albergue Municipal e Museo da Pesca-ano 2023, o Concello de Fisterra, aproba a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as.
Sinalase para o día 19/06/2023 ás 10:30h, as probas da fase de oposición integrada en dúas partes, e ás 13:00h a proba de manexo do idioma inglés, que se realizarán no salón de sesións da casa do concello.