SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
22-09-2023
Que é a atencion temperá?
Entendese a atención tempera como un conxunto de intervencións dirixidas a poboación infantilde 0 a 6 anos, a sua familia e o contorno, 0 seu obxectivo e dar resposta o antes posible as necesidades transitorias ou permanentes dos nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. A clave e que, canto mais axina se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención profesional poden ser mellores.
A quen se dirixe a atencion temperá?
Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, as familias e ao contorno empadroados nos Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo.
Quen pode informar dunha sospeita de trastorno do desenvolvemento nun neno?
As propias familias, as escolas infantis, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia.
No caso de que a sospeita sexa fora da familia, debe informarse a mesma para que acudan ao servizo de pediatria.
A onde debo dirixirme para obter mais informacion?
Ao servizo de pediatria que deriverá no caso de que considere a unidade de AT.
Aos servizos sociais dos Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Aos servizo de orientación do centro educativo no que estea matriculado o neno ou nena.
Ao servizo da agrupación dos concellos anteriormente indicados do Servizo de Atención.
Temperá Costa da Morte,
Tel. 696 557 782 en PedraMaior, 97 Ezaro-Dumbría
Tel. 696 557 782 Avda Finisterre,12-1º Vimianzo