Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROGRAMA COIDADOS PORTA A PORTA

02-10-2023

O programa "Coidados porta a porta" da Xunta de Galicia, chegará a Fisterra os días 10, 11 e 13 de outubro prestando os seguintes servizos:

  • Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
  • Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo

Destinatarios/as: Persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto

Lugar: Aparcamentos de San Roque

Cita previa obrigatoria:

Teléfonos: 622 748 283 - 623 546 992

Email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Descargas

Compartir:

Novas por anos: