Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BOLSA DE TRABALLO ANIMADOR/A DEPORTIVO/A

02-11-2023

Aprobadas as bases que rexerán a bolsa de traballo para a cobertura de vacantes ou baixas temporais de Animador/a Deportivo/a con destino á unidade de promoción deportiva do Concello de Fisterra.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: A instancia de solicitude conforme ao modelo que figura no anexo I, na que se solicita participar nas probas selectivas, xunto co anexo II de formulario de méritos, dirixiranse á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Fisterra e deberán presentarse no Rexistro municipal no horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na sede electrónica do Concello de Fisterra (https://sede.concellofisterra.gal/), en calquera día e hora dentro do prazo de presentación de solicitudes que será de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases no BOP nº 209 do xoves, 2 de novembro de 2023 . Ademais, poderán cursarse polos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do LPACAP
 
As persoas que presenten a instancia para participar nalgunha das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP, deberán facer saber esta circunstancia ao concello mediante o envío por correo electrónico a info@concellofisterra.com da instancia debidamente selada na oficina correspondente, e sempre antes do remate do prazo de presentación de instancias. De non cumprimentar este requisito, a instancia non se admitirá se ten entrada no concello con posterioridade ao remate do prazo para a presentación de instancias.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: