CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES
06-11-2023
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.
Curso monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Non se require ningunha condición física especial.
Datas e horario: 13 e 15 de novembro de 16:00 a 20:00h
Lugar de impartición: Salón de Deportes do Concello
Inscricións: Departamento de educación familiar, tel. 981 740 001 de 9:00 a 13:30h