Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


25N: VIVIR, NON SOBREVIVIR

17-11-2023

O próximo 25 de novembro celébrarase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Con este motivo o Concello de Fisterra levará a cabo un programa con diferentes propostas para facer visible esta situación:
  • Presentamos co cartel a imaxe do 25N, lema común nos Concellos de Cee, Fisterra e Corcubión a proposta do CIM (Centro de Información á Muller) do que formamos parte. "Vivir, Non Sobrevivir" do I.E.S Fin do Camiño resultou ser o gañador despois das aportacións do alumnado a través dunha convocatoria-concurso na que participaron os centros de ensino dos concellos anteriormente mencionados.
  • Os días 13 e 15 de novembro tivo lugar un curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións de violencia de xénero. Acordo colaboración Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral de Igualdade-FEGAMP.
  • O venres 24 de novembro, ás 12:00h no salón de sesións do Concello, procederase á lectura do manifesto en contra das violencias de xénero, por parte da alcaldesa, Áurea Domínguez Sisto. Contaremos coa participación do alumnado dos distintos centros escolares e coa asistencia das asociacións do Concello. Invitámosmos a participar con nós.
    Teremos un photocall elaborado polos/as usuarios/as dos obradoiros de Memoria co lema “VIVIR, NON SOBREVIVIR” destinado a todo aquel que o queira utilizar para visibilizar a campaña coa súa imaxe nun acto de convivencia nun día tan importante como o 25N. Tamén contaremos cumha mesa dulce.      Durante o acto presentarase o lema gañador así como os outros elaborados polos nosos rapaces/rapazas do Concello de Fisterra
  • Reforzarase, ademais o compromiso en prol da loita contra a violencia de xénero co reparto duns mandís aos diferentes establecementos comercias do Concello. O obxectivo desta iniciativa é aumentar o nivel de concienciación cidadá sobre esta lacra. "Vivir, Non Sobrevivir" é o lema escollido para amosar explicítamente o rexeitamento a calquera tipo de agresión contra as mulleres. A idea é que esta mensaxe estea presente nos distintos establecementos e contribuir así a incrementar a sensibilización social. Iniciativa levada a cabo ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
  • O día 4 de decembro, contaremos coa presenza de Noelia Míguez, que dará unha charla ao alumnado de 2º e 3º da ESO dos centros da vila. Noelia, vítima de violencia machista, relata a súa historia tras sobrevivir ás 8 puñaladas recibidas da súa antiga parella.
 
 
 
Compartir:

Novas por anos: