PRIMEIROS PASOS NA DIXITALIZACIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
21-11-2023

A oficina Acelera Pyme da Deputación da Coruña organiza un obradoiro dixital sobre os primeiros pasos na dixitalización da actividade económica co seguinte contido:
1. Introdución ao Marketing Dixital.
2. Fundamentos do Marketing Dixital.
3. Creación dun plan de Marketing Dixital, 6 pasos para logralo.
4. Ferramentas dixitais para PEMEs.
Destinatarios: empresarios e autónomos
Horario:
-Café de benvida: 18:30-19:00h.
-Obradoiro dixital: 19:00-20:00h.
-Aperitivo networking: 20:00-20:30h.
Data: xoves, 30 de novembro de 2023
Lugar: salón de sesións do Concello de Fisterra
Inscricións:
Tel. 881 04 58 98
Correo electrónico: oaprural@dacoruna.gal
Máis información: https://acelerapymeruraldacoruna.es/