Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROGRAMACIÓN NADAL 2023

11-12-2023

A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades para celebrar o Nadal 2023

SÁBADO, 2 DE DECEMBRO:

  • "CONTO ME RÍO. NANO MONTA UN CIRCO" RAQUEL QUEIZÁS (Nen@s de 1 a 5 anos). Ás 12:00h no salón de actos do Concello de Fisterra

VENRES, 15 DE DECEMBRO:

  • "DE ALGO HAI QUE MORRER". LABERCA (Teatro adultos). Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra

SÁBADO, 16 DE DECEMBRO:

  • OBRADOIRO DE CENTRO OU COROA DE NADAL EN SARDIÑEIRO. (Maiores de 16 anos). Ás 10:00h na Casa da Cultura de Sardiñeiro. Inscricións antes do 12 de decembro no tel.: 981 740 001 (departamento de cultura) ou no correo culturafisterra@hotmail.com

LUNS, 18 E MARTES 19 DE DECEMBRO:

  • OBRADOIRO CENTRO DE MESA DE NADAL EN FISTERRA. (Maiores de 16 anos). Ás 15:00h no local do Casino. Inscricións antes do 12 de decembro no tel.: 981 740 001 (departamento de cultura) ou no correo culturafisterra@hotmail.com

SÁBADO, 23 DE DECEMBRO:

  • TÍTERES ALAKRÁN. "A PITA XEFA". Ás 12:00h na Praza da Constitución de Fisterra.
  • MERCADO DE NADAL. Organizado conxuntamente coa Asociación Cultural e Deportiva Rapacallón´s. Actividades e actuacións para todo o público e visita de Papá Noel. Durante toda a tarde na praza da Constitución.

DOMINGO, 24 DE DECEMBRO:

  • TARDE DE VILLANCICOS DE NOITEBOA. O coro "NUESTRA SRA. DEL CARMEN DE FISTERRA". Ás 17:30h visitará a residencia de maiores de Fisterra e sobre ás 18:00h e se o tempo acompaña, cantarán na praza da Constitución os villancicos populares.

MARTES, 26 DE DECEMBRO

  • "CLEANERS". Teatro familiar. Espectáculo con pompas de xabón. Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra

VENRES, 29 DE DECEMBRO

  • "MAGO JORGE". Público familiar. Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra

XOVES, 5 DE XANEIRO

  • 09:30h.-Saída da carroza das SS.MM Os Reis Magos de Oriente do pavillón municipal cara a Escola Infantil A Galiña Azul.
  • 09:40-10:00h.-Visita dos Reis na súa carroza aos nenos e nenas da gardería.
  • 10:00h.-Saída cara a Avda. Anchoa e subida polo cruce destino ás aldeas. Ás 10:10h parada á altura do nº 87.
  • 10:30h.-Saída para Ermedesuxo de Abaixo. Ás 10:32h parada no cruce de O Bispo.
  • 10:45h.-Saída cara o cruce de Denle. Ás 10:50h. parada á altura da Piteira nº 84.
  • 11:05h.-Saída cara Padrís bordeando Rostro. Ás 11:15h parada en Padrís á altura do nº 61
  • 11:30h.-Saída para Suarriba. Ás 11:35h. parada no cruce do campo de ocio de Suarriba.
  • 11:50h.-Saída de Suarriba cara a praza de Sardiñeiro de Arriba. Ás 11:55h. parada na praza
  • 12:10h.-Saída de Sardiñeiro de Arriba para Mallas. Ás 12:30h. parada no desvío da carretera xeral, na entrada da costa de Xusto.
  • 12:45h.-Saída Mallas cara á Anchoa. Ás 12:45h. parada á altura do nº 107.
  • 13:00h.-Saída da Anchoa cara a Avda. de Galicia. Parada á altura do nº 49.
  • 13:15h.-Fin do percorrido da mañá.
  • 16:00 a 18:00h.-Visita da carroza cos Reis Magos e recepción no paseo marítimo de Sardiñeiro ( en caso de mal tempo será na Casa da Cultura) acompañado de animación musical e varios obradoiros para os máis pequen@s.
  • 17:00.-Visita dos Reis ao centro de maiores e menores de Fisterra.
  • 18:00.-Desfile dos Reis Magos na súa carroza real polas rúas de Fisterra
  • 19:15h.-Recepción na praza da Constitución de Fisterra. Animación musical con DJ, xogos interxeneracionais, variedade de talleres, caramelos e máis sorpresas. No caso de mal tempo, será no pavillón municipal.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: