PROGRAMA TERMALISMO 2024
12-12-2023

O IMSERSO convoca prazas para participar no Programa de Termalismo para o ano 2024
Requisitos:
- Valerse por si mesmo/a
- Ser pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente ou por xubilación.
- Pensionistas de viudedade con 55 ou máis anos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor/a de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos.
- Ter 65 anos, asegurada/o do sistema da Seguridade Social.
Prazos para solicitar praza:
- Ata o 10 de xaneiro de 2024 para ir nos meses de febreiro a agosto.
- Ata o 15 de maio de 2024 para ir nos meses de setembro a decembro
Máis información:
Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra ou na web https://imserso.es/espacio-mayores/envejecimiento-activo/programa-termalismo-imserso