EXPOSICIÓN CENSO ELECTORAL
29-12-2023
Publicado no Diario Oficial de Galicia nº 243 de data 26/12/2023 o DECRETO 150/2023, de 25 de decembro de 2023 de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións que terán lugar o día 18 de febreiro de 2024.
Segundo o establece a normativa electoral, o período de exposición pública do censo Electoral e de presentación de reclamacións será do 1 ao 8 de xaneiro de 2024.
Exponse ó público o Censo Electoral durante dito período para a súa consulta e/ou reclamación administrativa aqueles cidadáns que poidan verse afectados, especialmente os que cumpriran recentemente os 18 anos.
O teléfono de información da delegación provincial da Oficina do Censo Electoral para os electores é 900.343.232 ( GRATUITO ) e o habitual 981 217 439.