Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


SEMENTANDO IGUALDADE

29-02-2024

Os concellos de Fisterra, Corcubión e Cee, organizan conxuntamente, a través do CIM, a Andaina “SEMENTANDO IGUALDADE” o vinceiro sábado, 9 de marzo.
 
A andaina consistirá nun percorrido de 11 km con punto de saída en San Roque (Fisterra), facendo dúas paradas:
  • Sardiñeiro, onde tamén se poden sumar participantes
  • Corcubión, onde tras un breve acto, continuarase camiñando ata chegar á Praza 8 de Marzo en Cee.
Disporase de servizo de transporte que sairá de Cee antes do comezo da Andaina para achegar ás persoas participantes ao punto de saída e ao finalizar, contarase igualmente co transporte para quen precise regresar a Fisterra (O uso deste servizo deberá indicarse no momento da inscrición)
 
Inscricións: departamento de Servizos Sociais (Educadora Familiar) ou enviando a ficha de inscrición a info@concellofisterra.com
 
Animádevos a camiñar pola igualdade!

Descargas

Compartir:

Novas por anos: