I CONCURSO INFANTIL DE RELATOS CURTOS NA FIN DO MUNDO
07-03-2024
Conmemorando o Día do Libro, o 23 de abril, a Biblioteca Municipal A Casa do Arco de Fisterra organiza xunto coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Fisterra o I CONCURSO DE RELATOS CURTOS NA FIN DO MUNDO.
1.- Os relatos consistirán nunha narración orixinal e inédita, escrita en galego, no que as persoas participantes deben comprometerse a garantir a súa autoría. (Non se admitirán copia ou modificación de ningunha outra publicación.)
2.- Presentarase un só traballo por participante cunha extensión mínima de 150 palabras e máxima de 300 palabras sen contar o título do relato.
Os traballos serán libres, pero terán que introducirse obrigatoriamente as palabras FISTERRA e a frase FIN DO CAMIÑO, valorándose a inventiva e capacidade creativa.
CATEGORÍAS:
-De 6 a 8 anos.
-De 9 a 11 anos.
INSCRICIÓNS: do 1 de marzo ao 15 de abril no Departamento de Cultura do Concello de Fisterra (Técnica de Cultura), en horario de mañá ou na Biblioteca municipal, en horario de tarde.
PRAZO ADMISIÓN DE TRABALLOS: do 24 de marzo ata o 16 de abril na biblioteca municipal en horario de 17:30 a 19:30 horas. Rúa da Cerca, Casa do Arco, Fisterra.