SEMANA SANTA FISTERRA 2024
22-03-2024
-O sábado, 16 de marzo comeza a Semana Santa de Fisterra co Retiro de Coresma e o Sacramento de Confesión na Igrexa de Santa María das Areas.
-O venres, 22 de marzo ás 20:00h. na igrexa parroquial, terá lugar a misa solemne cantada polo coro "Nosa Sra. das Areas". A continuación terá lugar a Procesión da Nosa Señora das Dolores que percorrerá as rúas de Fisterra, acompañada pola "Banda Municipal de Cee".
-O sábado, 23 de marzo farase unha peregrinación ao Santísimo Cristo de Fisterra. Para anotarse deben dirixirse a calquera membro da Xunta de Confrarías.
Nas seguintes descargas pódese ver unha recopilación das actividades previstas para celebrar a Semana Santa de Fisterra organizadas pola Xunta de Confrarías da Semana Santa coa colaboración do Concello de Fisterra.
Vive a Semana Santa en Fisterra!!