Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


EXPOSICIÓN CENSO ELECTORAL ELECCIÓNS PARLAMENTO EUROPEO

17-04-2024

Publicado no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto 363/2024, de 9 de abril polo que se convocan eleccións de deputados e deputadas ao Parlamento Europeo que terán lugar o día 9 de xuño de 2024.

Segundo o establece a normativa electoral, o período de exposición pública do censo Electoral e de presentación de reclamacións será do 22 ao 29 de abril de 2024.

Exponse ao público o Censo Electoral durante dito período para a súa consulta e/ou reclamación administrativa aqueles cidadáns que poidan verse afectados, especialmente os que cumpriran recentemente os 18 anos.

O teléfono de información da delegación provincial da Oficina do Censo Electoral para os electores é 900.343.232 ( GRATUITO ) e o habitual 981 217 439.

Tamén se poden enviar consultas ao enderezo de correo electrónico: dpoce.coruna@ine.es

Descargas

Compartir:

Novas por anos: