Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

22-10-2009

O domingo, 25 de outubro ás 9:00h. no Faro de Fisterra, comeza a Ruta galego-portuguesa desta Marcha pola Paz.
Esta idea pona en marcha "Mundo Sin Guerras y Sin Violencia" que é un organismo do Movemento Humanista.
A marcha é a denuncia da escalada de violencia que se dá no mundo, en canto a armamento nuclear, guerras, relacións entre gobernos,etc. Esta denuncia levarase os centros de poder.
Terá unha duración de 3 meses e nesta etapa recorrerase Galicia e Portugal peregrinando pola Paz e a Non Violencia, acompañados pola Gaita Galega que será o soplo e a alma do poblo galego nesta iniciativa.
Compartir:

Novas por anos: