BASES PARA A CONTRATACIÓN DE PEÓNS RISGA
21-05-2024
Aprobadas as bases para a contratación laboral temporal de dúas persoas traballadoras como peóns para o desenvolvemento do servizo “Peóns de apoio ao Grupo de Servizos Múltiples (Risga)”, subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia a través do Programa de fomento do emprego “Contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga)”
A contratación realizarase a través da modalidade de contrato de traballo vinculado a políticas activas de emprego, a tempo parcial (75% da xornada) por un período de nove (9) meses.
A lista de persoas candidatas, seleccionadas pola Oficina de emprego, foi remitida ao Concello de Fisterra e os/as candidatos/as dispoñen de tres (3) días hábiles a contar dende o día seguinte á data da publicación que foi o 21/05/2024, para presentar a solicitude de participación no proceso selectivo no modelo normalizado que figura como anexo a estas bases.