APROL RURAL 2024
23-05-2024
Rematado o prazo e sen presentarse ningunha alegación contra a Lista Provisional de Admitidos/as e Excluídos/as para a selección de 1 peón forestal dentro do programa APROL-RURAL 2024, o Concello de Fisterra aproba a lista definitiva de admitidos/as.
Proba práctica: martes, 28 de maio ás 10:00h nas inmediacións do pavillón polideportivo municipal.
Proba oral de galego (para aqueles aspirantes que non presentaron acreditación do idioma galego): martes, 28 de maio ás 12:00h no salón de sesións da casa do concello