PEL CONCELLOS 2024
23-05-2024
Rematado o prazo de alegacións á lista provisional de admitidos/as e excluídos/as para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia (PEL-Concellos 2024), a través da contratación de seis (6) peóns con destino ás mesmas, contra a que non se presentou ningunha alegación dentro do prazo establecido,
apróbase a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as
Proba práctica (manexo desbrozadora): mércores, 29 de maio ás 10:00h nas inmediacións do pavillón polideportivo municipal
Proba oral de galego (para as persoas que non presentaron acreditación do idioma galego): mércores, 29 de maio ás 13:00h no salón de sesión da casa do Concello