Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


28 DE XUÑO: DIA DA DIVERSIDADE SEXUAL

25-06-2024

O Concello de Fisterra súmase á campaña "Liberdade de Ser e Sentir" da Deputación da Coruña en conmemoración do Día da Diversidade Sexual que se celebrará o vindeiro venres,  28 de xuño.

Volveremos facer visible a nosa loita polos dereitos e a igualdade de todas as persoas do colectivo con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+.

A bandeira multicolor, símbolo da diversidade sexual, ondeará na fachada da Casa do Concello. 
 
Haberá un stand pola diversidade sexual, o día 28 de xuño, ao lado da lonxa de Fisterra, do que faremos entre todos o noso escenario común pola tolerancia.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Máis información: https://seresentir.gal/inicio/gl/
 

Programa financiado polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: