Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CAMPAÑA DOAZÓN DE VOZ

26-09-2024

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela lanzan unha campaña de doazón de voz para recoller as variedades fonéticas e dialectais de Galicia e enriquecer o Proxecto Nós.

O obxectivo é acadar as máis de 1000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas.

Inscrición previa no departamento de Normalización Lingüística do Concello de Fisterra.

Para conseguilo, precísase a colaboración de todos/as recollendo mostras vocais de xeito presencial.

Día: martes, 8 de outubro

Hora: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Lugar: Aula CEMIT Fisterra, chalet de Vilas, dúa da Cerca, 7

Nota: A cada persoa que participe se lle agasallará cun libro a elexir entre varios, xentileza da Secretaría Xeral de Lingua da Xunta de Galicia.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: