PROGRAMACIÓN NADAL 2024
26-11-2024
O Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades para celebrar o Nadal 2024
DOMINGO, 1 DE DECEMBRO:
- OS BOLECHAS (Público familiar). Ás 12:00h no salón de actos do Concello de Fisterra
MÉRCORES, 11 E VENRES, 13 DE DECEMBRO:
- OBRADOIRO DE CENTROS DE MESA DE NADAL EN FISTERRA. (Maiores de 16 anos). Ás 15:00h no local do casino. Inscricións antes do 6 de decembro en nadalenfisterra@gmail.com ou no tel. 981740001 (deberase elixir un dos dous días)
VENRES, 13 DE DECEMBRO:
- "RILLA RILLA". XAROPE TULÚ (Teatro musical a partir de 5 anos). Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra
SÁBADO, 14 DE DECEMBRO:
- OBRADOIRO DE CENTROS OU COROAS DE NADAL EN SARDIÑEIRO/VILAR (Maiores de 16 anos). Inscricións antes do 12 de decembro en nadalenfisterra@gmail.com ou no tel. 981740001, especificando si se quere facer centro ou coroa. Ás 10:00h na Casa da Cultura de Sardiñeiro e ás 15:00h na Escola de Vilar
VENRES, 20 DE DECEMBRO:
- GALA DE NADAL CON CAYETANO LLEDÓ. Maxia e ilusionismo para todas as familias. Ás 20:00h no Salón de Actos do Concello de Fisterra
SÁBADO, 21 DE DECEMBRO:
- MERCADO DE NADAL. Organizado conxuntamente coa Asociación Cultural e Deportiva Rapacallón´s. Actividades e actuacións para todo o público e visita de Papá Noel. Durante todo o día na praza da Constitución.
LUNS, 23 DE DECEMBRO:
- "RAQUEL QUEIZÁS", CAMBIA O CONTO. Contos para os máis pequenos de 1 a 5 anos. Ás 18:00h no Salón de Actos do Concello de Fisterra.
MARTES, 24 DE DECEMBRO:
- TARDE DE PANXOLIÑAS. O coro "NUESTRA SRA. DEL CARMEN DE FISTERRA" visitará como cada ano a residencia de maiores de Fisterra e sobre ás 18:00h estarán na praza da Constitución con toda a veciñanza.
SÁBADO, 28 DE DECEMBRO
- CHOCOLATADA. Ás 11:00h na Escola de Suarriba e ás 18:00h no espazo deportivo de Sardiñeiro
DOMINGO, 29 DE DECEMBRO
- CHOCOLATADA. Ás 11:00h na Escola de Vilar e ás 18:00h no pavillón municipal de Fisterra
VENRES, 3 DE XANEIRO
- TÍTERES BABALUVA. "A FILLA DO CACHIRULO". Ás 17:00h no salón de actos do Concello de Fisterra
DOMINGO, 5 DE XANEIRO.
CABALGATA DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE
- 11:00h.-Saída á Insua, Escola Infantil e todos os lugares do rural de Fisterra.
- 16:00h recepción das súas maxestades na Casa da Cultura de Sardiñeiro.
- 17:00h.-Visita dos Reis ao centro de maiores de Fisterra.
- 18:00.-Desfile dos Reis Magos na súa carroza real polas rúas de Fisterra
- 19:15h.-Recepción na praza da Constitución de Fisterra. No caso de mal tempo, será no pavillón municipal.