REFORMA DA PLANTA BAIXA DO MERCADO MUNICIPAL DE FISTERRA PARA “MERCADO MARIÑEIRO”
04-12-2024
O Concello de Fisterra promove a iniciativa REFORMA DA PLANTA BAIXA DO MERCADO MUNICIPAL DE FISTERRA PARA “MERCADO MARIÑEIRO” (Expediente PE155A-2024-00170), financiado polo Galp Costa Sostible dentro do programa de axudas FEMPA (2021-2027).
O obxecto do proxecto é a actuación, reforma e modernización da planta baixa do mercado actual de abastos de Fisterra, co obxectivo de transmitir unha imaxe de “Mercado Mariñeiro”, que sexa diferenciador, onde a proximidade do produto, a sostenibilidade, e a calidade sexan os eixes referentes.
A axuda concedida ao noso proxecto foi de 197.971,99€ dos que un 70% (138.580,39€) foron financiados polo FEMPA e un 30% (59.391,60€) pola Consellería do Mar.