ESCOLA DE FAMILIAS PARA NEN@S CON NEAE
10-12-2024
Escola de Familias para nenos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE)
O Concello de Fisterra organiza a Escola de Familas para nenos/as con Necesidades Educativas Especiais. Trátase dun espazo deseñado para brindar apoio ás familias de nenos e nenas con necesidades educativas especiais dotándoas de ferramentas prácticas e emocionais para mellorar a súa dinámina familiar e fomentar unha crianza consciente.
Obxectivos:
- Empoderar a pais e nais con coñecementos prácticos e habilidades para o manexo emocional no día a día
- Concienciar sobre a importancia do autocoidado e a xestión emocional para mellor a relación familiar e o ambiente no fogar
- Crear un espazo de apoio e contención onde as familiar poidan compartir experiencias, coñecer a outros pais e nais e recibir orientación profesional
- Faciliar a integración e comprensión da diversidade dos nenos e nenas nos seus entornos familiares
Datas e lugar: comezo xaneiro 2025. Sesión quincenais, os sábados pola mañá cunha duración de dúas horas, de 10:00 a 12:00h na Biblioteca Municipal de Fisterra
Inscricións: no tel. 615 353 515
Máis información: no departamento de educación familiar do Concello de Fisterra, tel. 981 740 001