Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ESCOLA DE FAMILIAS PARA NEN@S CON NEAE

10-12-2024

Escola de Familias para nenos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE)

O Concello de Fisterra organiza a Escola de Familas para nenos/as con Necesidades Educativas Especiais. Trátase dun espazo deseñado para brindar apoio ás familias de nenos e nenas con necesidades educativas especiais dotándoas de ferramentas prácticas e emocionais para mellorar a súa dinámina familiar e fomentar unha crianza consciente.

Obxectivos: 

  • Empoderar a pais e nais con coñecementos prácticos e habilidades para o manexo emocional no día a día
  • Concienciar sobre a importancia do autocoidado e a xestión emocional para mellor a relación familiar e o ambiente no fogar
  • Crear un espazo de apoio e contención onde as familiar poidan compartir experiencias, coñecer a outros pais e nais e recibir orientación profesional
  • Faciliar a integración e comprensión da diversidade dos nenos e nenas nos seus entornos familiares 

Datas e lugar: comezo xaneiro 2025. Sesión quincenais, os sábados pola mañá cunha duración de dúas horas, de 10:00 a 12:00h na Biblioteca Municipal de Fisterra

Inscricións: no tel. 615 353 515

Máis información: no departamento de educación familiar do Concello de Fisterra, tel. 981 740 001

Descargas

Compartir:

Novas por anos: